ZEITUN FILMS
O QUINTO EVANXEO DE GASPAR HAUSER

O QUINTO EVANXEO DE GASPAR HAUSER

 

Sinopse

Novo episodio das peripecias do 'enfant sauvage' Gaspar Hauser, acompañado do seu inseparable e querido cabaliño de madeira. Suxeito imposible, Gaspar ten nesta ocasión a personalidade fragmentada en cinco personaxes arquetípicos: un anano sadomasoquista, unha sedutora doncela, un tipo cínico e déspota, un mariñeiro romántico e un batman patético, encarnado este último polo propio director da película. Un antiheroe de bata e zapatillas, fumador compulsivo, que representa a inadaptación na que está inserido o home decepcionado, o home que pensa, o home que é deste mundo sen selo.

Ficha Artística

  • JOSECHO,
  • SARA GARCÍA,
  • OLIVER LAXE,
  • NANDO VÁZQUEZ,

  • ALBERTO GRACIA,
  • PEDRO SOLER,
  • QUIQUE AMIL

Ficha Técnica

Fotografía
MAURO HERCE

Guión
ALBERTO GRACIA

Montaxe
ALBERTO GRACIA, DIANA TOUCEDO

Son
ALBERTO GRACIA, ENRICO FIOCCO

Son directo
MIGUEL BRETAL

Vestiario e maquillaxe
MERCEDES HERMIDA SÁNCHEZ, FANNY BELLO

Produtores
OLIVER LAXE, FELIPE LAGE CORO


Duración
61 minutos

Formato de rodaxe
Super 16mm.

Idioma
Galego

Lugar de rodaxe
Galicia
pics

Notas do director

O Quinto Evanxeo de Gaspar Hauser é un enrevesado sistema de categorías.

Un día díxenme que esta película tiña que ser un evanxeo, nada menos. O mundo así interrogado é complicidade e correspondencia en lugar de vontade e representación, sen o ánimo ortodoxo de mutilar a exterioridade (ou interioridade) para compracer o sentido. É unha narración imposible, unha 'traxicomedia' do século XXI. É un evanxeo un acto desesperado de introducir unha ética dentro dunha estética que se nos escapa, que é imposible? A dialéctica do discurso reflexivo así consumada concluíu nunha experiencia de aceptación relixiosa, nun Si á vida, nada de segredos íntimos, senón rumores despregados ao infinito que se negan a si mesmos.

Aquí a promesa cristiá proxéctase como pregunta: se detrás do veo da Graza non hai nada, para que querías espir a Beleza?. A linguaxe non pode falar de linguaxe, a revelación non é comprensible a través da linguaxe, é pura inmanencia, é pensar o fóra e repensar o discurso reflexivo desde o silencio.

A mosca zumba dentro do vaso, o cristal está en silencio e a cousa respira máis aló do cristal.

-Sospeito que todas as traxedias posibles concéntranse nunha: o paso do tempo. É esta unha utopía de ficción?. O optimismo empeza aquí, nos tempos que corren, unha vez esgotados os tristes discursos e a longa cultura do martirio e a lamentación?

Como do romanticismo é imposible escapar, Gaspar propón unha viaxe desde a utopía romántica do cambio, do movemento continuo, á utopía da ficción. Se Batman nos salva a todos, estamos fodidos?

Ten sentido facer unha película sen ter nada novo que contar? Sospeito que todo tipo de creación e recreación é unha fuxida, un paseo co neno imposible que fomos e que nunca deixamos de ser e a verdade é a procura da Verdade con maiúsculas, por tanto o Proceso de creación deste evanxeo é un acto de fe, un acto de idiotez e de obstinación xovial.

O Quinto Evanxeo de Gaspar Hauser é unha película de Ninguén. Un Ninguén que vive rodeado da escuridade de saberse imposible e á súa vez goza dunha liberdade que o encerra nunha cela de mínimas dimensións. Non lembra isto á etapa prelinguística de Gaspar Hauser tanto coma ao avatar das redes sociais e o narcisismo 2.0? Áchase no concepto de autorreadymade a solución problemática ao paradoxo da autorreferencialidade do suxeito coma obxecto de estudo?Como di Gaspar, o que une aos homes non é a natureza nin o sentimento de peche no cárcere da linguaxe, senón a visión mesma da linguaxe, sexa a lingua que sexa, sexa cal sexa o sistema significante que se empregue.

Biofilmografía do director

ALBERTO GRACIA (Ferrol, 1978) estudou na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, onde cursou a especialidade de escultura. A súa obra, que se expuxo en diferentes países do mundo, participa de ferramentas como a pintura, o debuxo, a performance, o vídeo e a instalación.

Interesado na estética, publicou en decembro de 2010 o seu primeiro libro de ensaio titulado "Microfugas, Teoría y juego de la profanación" na editorial Aristas Martínez. Ademais, participou desde entón en proxectos de investigación coma Grid Spinoza (2011) e en conferencias e mesas redondas en relación ao tema.

Microfugas (2008), curtametraxe feita en 16mm, é a súa primeira incursión no cinema como autor. O quinto evanxeo de Gaspar Hauser é a súa primeira longametraxe.

Festivais e Premios

Rotterdam International Film Festival (2013)
     Premio FIPRESCI
Festival Cinemateca Uruguaia (Uruguai)
Cinema Latino Festival - Tübingen (Alemaña)
Festival Lima Independente (Perú)
Ars Independent Film Festival (Polonia)
Valdivia (Chile)
Athens Avant-Garde Film Festival (Grecia)
Viennale (Austria)
Festival de Cine Europeo de Sevilla
Cineuropa Santiago de Compostela
pics pics pics pics pics pics

creditos logos