ZEITUN FILMS
COSTA DA MORTE

COSTA DA MORTE

 

Sinopse

"Nun entrar do home na paisaxe e da paisaxe no home creouse a vida eterna de Galiza" - Castelao

A Costa da Morte é unha rexión de Galicia que foi considerada o fin do mundo durante o Imperio Romano. O seu dramático nome provén dos numerosos naufraxios que sucederon ao longo da historia nesta área feita de rochas, brétemas e temporais. Atravesamos esta terra observando as persoas que a habitan: pescadores, mariscadores, madeireiros...

Somos testemuñas do traballo que realizan, co cal manteñen á vez unha relación íntima e unha batalla antagónica coa inmensidade do territorio. O vento, a pedra, o mar, o lume, son personaxes neste filme, e a través deles achegámonos ao misterio que supón a paisaxe, entendida como unha unidade xunto ao home, a historia e o mito.

Ficha Técnica

Fotografía
LOIS PATIÑO

Colaboración
CARLA ANDRADE

Montaxe
LOIS PATIÑO

Colaboración na montaxe
PABLO GIL RITUERTO

Son
MIGUEL CALVO “MAIKI”, ERIK T. JENSEN

Música
ANN DEVERIA

Produtores
MARTIN PAWLEY, FELIPE LAGE CORO


Duración
81 minutos

Formato de rodaxe
HD

Idioma
Galego, castelán

Lugar de rodaxe
Galicia
pics

Notas do director

A Costa da Morte foi para min un lugar mítico antes ca real, que foi tomando forma devagar a través das palabras que me ían chegando sobre ela. O que máis me inquietaba deste lugar extremo era a súa vinculación coa idea de fin e de morte. O seu historial de naufraxios dáballe unha aura perigosa e enigmática.

No filme quixen transmitir o relato oral dos seus habitantes, onde se funden a historia e a lenda, coma un eco mítico que reverbera no espazo. As súas voces permítennos descubrir novos estratos da paisaxe, construír o imaxinario colectivo asociado ao territorio e situarnos nun espazo atemporal.

A través dunha dobre distancia perceptiva con respecto á figura humana (afastada na imaxe, próxima no son) buscaba poñer en relación a inmensidade do espazo natural coa experiencia íntima das persoas. E deste xeito, desde a contemplación profunda da imaxe, podérmonos diluír no todo, expandírmonos, desaparecermos na paisaxe da Costa da Morte.

Biofilmografía do director

Lois Patiño (Vigo, 1983). Compaxinou os estudios de psicoloxía na Universidade Complutense de Madrid cos de cinema na escola Tai. Continuou a súa formación de cinema na NYFA de Nova York e en Barcelona, onde realizou o Master de Documental de Creación na Universidade Pompeu Fabra. Fixo cursos de videocreación na Universität der Künst de Berlín baixo a titoría de Katherin Sieverding e obradoiros con artistas e cineastas coma Pedro Costa, Víctor Erice, José Luis Guerín ou Daniel Canogar. Colaborou na segunda longametraxe da directora Mercedes Álvarez Mercado de Futuros.

Os seus vídeos e videoinstalacións pasaron por centros de arte coma o Centre Georges Pompidou (París), MAXXI (Roma), Haus der Kulturen der Welt (Berlín), Museo Reina Sofía (Madrid), Casa Encendida (Madrid), Fundación CaixaGalicia (A Coruña), MARCO (Vigo)... e en festivais coma BAFICI (Arxentina), Festival de Oberhausen (Alemaña), Media City Film Festival (Canadá), Festival de Roma (Italia), Curtas Vila do Conde (Portugal), Rencontres Internationales París/ Berlín/ Madrid, Jihlava Film Festival (República Checa), Festival Punto de Vista, Festival de Las Palmas, Festival de Huesca, Documenta Madrid...

Festivais e Premios

Locarno Film Festival (Suíza, 2013)
     Premio ao Mellor Director Emerxente
Hamburg Film Festival (Alemaña)
Vancouver Film Festival (Canadá)
New York Film Festival (EE.UU.)
Nouveau Cinema Montreal (Canadá)
Valdivia (Chile)
     Mención especial do xurado
La Roche Sur Yon (Francia)
Jihlava IDFF (República Checa)
Viennale (Austria)
Festival de Cali (Colombia)
Festival de Cine Europeo de Sevilla
     Premio Mellor filme de non Ficción
     Mención especial do xurado "Nuevas Olas"
Pachamama (Brasil)
Pravo Ljudski (Sarajevo, Bosnia-Herzegovina)
Cineuropa Santiago de Compostela
pics pics pics pics pics pics pics pics pics

creditos logos